13,30

Añadir a FavoritosFavorito
Añadir a Favoritos

Rato inicia unha viaxe que é unha sinxela arenga pola vida: colle as rendas e decide o teu futuro; goza do que atopas polo camiño e sé quen de abandonar o que non che convence; corre e explora cos ollos ben abertos; os lugares, a xente e as experiencias vividas no traxecto son, á fin e so cabo, o máis importante, se cadra o único, que temos.

Encadrado dentro da nosa colección destinada aos máis peques, Carantoña, o relato desenvólvese cunha sonoridad nos textos rimados que constrúen unha historia divertida e irónica que nos fará sorrir a todos e mesmo chegar á gargallada grazas aos xiros da historia e á desenfadada actitude do seu protagonista.

Texto en maiúscula para facilitar o acceso aos primeiros lectores, reforza ademais a súa atención lectora a través das aloucadas reaccións do protagonista e o coñecemento de variedade de personaxes, animais, climas e ambientes. Un libro sinxelo na súa lectura, profundo na súa mensaxe e útil para a aprendizaxe e formación dos máis peques.

Información adicional

Autor/a

Editado por

Año

Idioma

Formato

Páginas

48

ISBN

9788412184860

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Rato en Fuga”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.