A tartaruga que queria durmir

12,82

A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas…), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos (un pucho, unha torta de pera, unha manta…) para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda.

O medo á noite, á escuridade, ou o desacougo no momento de durmir resultan moi comúns durante a infancia. Por iso, cómpre que os nenos se identifiquen con personaxes que viven estas experiencias con tranquilidade, e desta maneira, se decaten de que o descanso e o silencio son necesarios.

Do punto de vista formal, a historia está construída a partir de rimas, repeticións, enumeracións, e cunha linguaxe sinxela, que funciona moi ben cos máis pequenos. O xogo de onomatopeas, reforzado pola ilustración, dálle un ton lúdico á narración e marca un ritmo no que os oíntes poden participar.

En definitiva, un álbum para que reforcemos hábitos saudables e para que completemos o ritual de ir para a cama, cun conto, xusto antes de que nos venza o sono.

Comprar en Imosver

Comprar en Amazon

Añadir a Favoritos
Añadir a Favoritos

Información adicional

Autor/a

Ilustrador/a

Editado por

Año

Idioma

Formato

Páginas

36

ISBN

9788498710212

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A tartaruga que queria durmir”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.