E por que non? Acaso ten algo de raro que un lobo queira ser mamá…
Cun pouquichiño de musgo, uns cantos garabullos e tres presadas de barro, Lobo construíu o seu niño na oitava rama dun castiñeiro. E unha vez instalado no seu novo fogar… dispúxose a pór un ovo.
Na literatura infantil, onde calquera cousa pode pasar sen que pase nada, onde a transgresión perde o seu significado para se converter nun acto natural, atopamos desde sempre unha parcela de liberdade e valentía, ademais de múltiples camiños que nos conducen cara a outros tantos mundos posibles, todos eles carentes de prexuízos e plenos de naturalidade. E niso estamos e por iso escribimos. A oitava rama do castiñeiro é un canto á liberdade; liberdade para sentir e liberdade para ser. E, por suposto e ante todo, é literatura infantil cociñada con humor, tenrura, acción e unhas cantas gotas de reivindicación.
Agardamos que vos guste tanto como a nós!
Información adicional
| Autor/a | |
|---|---|
| Editorial | |
| Año | |
| Idioma | |
| Encuadernación | |
| Páginas | 48 |
| ISBN | 9788418687464 |




Valoraciones
No hay valoraciones aún.