Descripción
Peluxiña é a última en nacer nunha gran familia de coellos. A comida non é suficiente para todos e a pequerrecha sempre queda con fame, así que unha noite decide saír da coelleira e procurar alimento pola súa conta; pero o bosque está cheo de perigos e sorpresas e, nesta aventura, a intrépida coelliña levará algún bo susto do que sairá vitoriosa grazas ao enxeño, a tenacidade e a sabedoría que irá adquirindo no seu camiño.
E se o problema inicial era a falta de comida, o desenlace e agasallo final será “un banquete fabuloso” para a familia toda, resultado da afouteza e tenacidade da nosa pequena protagonista.
Cunha trama simple e unha estrutura divertida, que lembra algúns contos tradicionais, Peluxiña espertará a simpatía dos máis cativos, que poderán acompañala e, ao seu carón, vivir emocións, superar contratempos e enfrontar medos, dificultades e perigos, ata chegar o merecido triunfo final.
En definitiva, unha divertida historia de José Morales sobre o crecemento, a aprendizaxe e a perseveranza na procura de obxectivos.
Información adicional
Precio orientativo | 14,15 € |
---|---|
Autor/a | |
Ilustrador/a | |
Editorial | |
Año | |
Idioma | |
Encuadernación | |
Páginas | 36 |
ISBN | 9788498717273 |
Valoraciones
No hay valoraciones aún.