Añadir a FavoritosFavorito
Añadir a Favoritos
Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome.
A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chámanlle así polo avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro.
Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo.
Van ser uns meses terribles!
Mais todo muda na aburrida aldea coa chegada de dous nenos, André e Daniel, cos que inicia arriscadas expedicións na procura de corsarios choscos, frotas de flamengos e gatos con cola de dinosauro. Ata que algo aparece inesperadamente no mar para mergullalos nunha extraordinaria aventura que os converterá en afoutos bichicomas.
Información adicional
| Premios | Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018 |
|---|---|
| Autor/a | |
| Ilustrador/a | |
| Editorial | |
| Colección | |
| Año | |
| Idioma | |
| Encuadernación | |
| Páginas | 152 |
| ISBN | 9788491215684 |




Valoraciones
No hay valoraciones aún.