Embarca neste libro xunto co pequeno Magalláns, Elcano e a súa divertida tripulación nesta nova aventura inspirada nunha das maiores fazañas da nosa historia, a primeira viaxe arredor do mundo en barco! Soltando cabos, despregando velas e… Todo a babor!
En 1519 cinco barcos partiron desde España cara ao descoñecido, nunha ousada viaxe no que pretendían demostrar o imposible, que era posible dar a volta ao mundo grazas a un atallo descoñecido que conectaba o océano Atlántico co Pacífico: O Estreito de Magalláns. Non foi ata 1522 cando se completo dita fazaña convertendo este 2022 o quinto centenario do cumprimento daquela proeza.
Tomamos este fito na historia para inspirar aos protagonistas viaxeiros do libro ‘Bo camiño, peregrino!’ na realización da súa nova aventura: A volta ao mundo seguindo o camiño realizado en parte por Magallanes e culminado por Elcano. A través deste libro, do mesmo xeito que o primeiro da colección iniciada por Rena Ortega, vas divertirche viaxando, descubrindo paisaxes, estrelas, detalles, moitos detalles e cousas que seguramente che sorprenderán. Úneste?
Información adicional
Autor/a | |
---|---|
Editorial | |
Idioma | |
Año | |
Encuadernación | |
Páginas | 40 |
ISBN | 9788482895659 |
Valoraciones
No hay valoraciones aún.