Añadir a FavoritosFavorito
Añadir a Favoritos
Coma un borrón de tinta chinesa sobre un caderno en branco.
Así cae a sombra de Mamá Corvo sobre as árbores.
Arroupado coa súa manta de neve, o bosque dorme.
Mamá Corvo gralla dende unha póla.
–Cinco minutos máis– bocexa o vento…
O bosque é o nevado escenario onde se atopan Mamá Corvo e Avó Oso, que interrompeu o seu letargo invernal, incapaz de lembrar onde agochou un segredo.
Non está entre as árbores, nin no tobo, nin na lagoa… e a inseguridade da dúbida faino sentirse vulnerable.
O misterio envolve esta fermosa obra narrativa na que a natureza é un personaxe máis; unha natureza humanizada pola poética do texto de Pedro Mañas, con metáforas que acentúan o ton descritivo da historia.
Información adicional
| Autor/a | |
|---|---|
| Ilustrador/a | |
| Editorial | |
| Año | |
| Idioma | |
| Encuadernación | |
| Páginas | 40 |
| ISBN | 9788484644262 |




Valoraciones
No hay valoraciones aún.