Todos os animais teñen a súa voz.
O can ladra.
Os cachorriños responden.
O gato miaña.
Os gatiños… tamén!
E a xirafa?
A xirafa non ten voz.
E a xira?ña, aínda menos!
Pero a xirafa ten un pescozo moi longo…
Tan longo que, con el,
acariña a súa cría.
Canto máis nos poden transmitir un xesto, un aloumiño, unha mirada cómplice? Tal e como nos lembra Armando Quintero neste álbum; non fai falta a voz para mostrar cariño ou dicir cousas bonitas como quérote…
O contacto físico como mostra de afecto é imprescindible para o desenvolvemento emocional dos pequenos: dálles seguridade, favorece a súa autoestima e mellora a confianza en si mesmos e tamén nos demais. Neste aspecto, inciden tanto o texto de Armando Quintero como as imaxes de Marco Somá.
Información adicional
Autor/a | |
---|---|
Ilustrador/a | |
Editorial | |
Idioma | |
Encuadernación | |
Páginas | 36 |
ISBN | 9788498714692 |
Valoraciones
No hay valoraciones aún.