A viaxe do Vento Pequeno
A Viaxe do Vento Pequeno

A viaxe do Vento Pequeno

Cando sexa grande, o Vento Pequeno que ser un vento importante, pero non sabe que oficio escoller. Comezará así, a Viaxe do Vento Pequeno para coñecer as diferentes funcións dos ventos na Natureza e descubrirá deste xeito a súa vocación.

O Vento Pequeno non sabe que ser de maior

Vento Pequeno naceu na montaña, onde pode correr libremente e asubiar todo o que queira, pero está preocupado porque cando sexa maior quere ser alguén importante.

Así que vai falar con Vento Ancián, que é moi sabio, e pregúntalle que ten que facer para conseguilo.

Vento Ancián dille que o máis importante é atopar un bo oficio. Entón Vento Pequeno decide que marcha de viaxe para percorrer o mundo e poder coñecer outros ventos. Quere saber en que consisten os seus traballos e que cualidades fan falta para levalos a cabo.

A viaxe do Vento Pequeno comeza e no seu periplo coñece a Vento Muiñeiro, Vento Violento, Vento Asustador, Vento Sembrador, Vento Navegante e Vento de Chuvia. Cada un deles explícalle a que se dedica e Vento Pequeno vai probando que tal se lle dan esas tarefas.

Aprenderá que non todo é tan fácil como parece, hai traballos que cansan moito e hai que esforzarse, e descobre que hai cousas que non se lle dan ben, pero aínda así regresará cunha chea de leccións aprendidas e cunha vocación.

¿A que pensas que se adicou de maior finalmente?

A viaxe de Vento Pequeno ensina que non fai falta chegar a ser alguén importante de maior. Desfrutar co que un escolleu e valorar ás persoas que nos rodean si que é importante.

De Concha López Narváez e Carmelo Salmerón – Ilustrado por Rafael Salmerón – Editorial Everest
A partir de 6 anos – Colección Ler é vivir – Galego – 72 páxinas

Deja una respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.